Luis Fernández gaña o Open de Madrid Sub 16 en Oviedo

O xogador galego Luis Fernández Labarta gañou o Torneo de Madrid Open Sub 16, celebrado en Oviedo do 26 ao 28 de febreiro.

Debido ás malas condicións meteorolóxicas, o torneo tivo que ser trasladado do Real Club de Tenis Oviedo ao Complexo Deportivo La Morgal.

Luís comezou cabeza de serie número 1 no cadro no que gañou a Javier Fernández Antuña (57 62 4/0), Carlos Pinedo Tejada (62 61), Alberto Tinagli Segura (61 36 63) e na final a Max Stehling (75 57 63) .

Con esta vitoria Luis clasificouse para a fase final que será do 5 ao 8 de maio na Caixa Máxica de Madrid. Parabéns!

As táboas desta proba pódense consultar nas seguintes ligazóns:


 

Comparte