Lourdes Domínguez finalista no Campionato de España

Magnífico papel da galega Lourdes Domínguez no Campionato de España de Mapfre Absoluto, acadando o ouro en dobres e a prata en individual.

Lourdes gañou o título de dobres tras vencer na final por parellas con Arantxa Parra, contra a mallorquina Yvonne Cavallé e a madrileña Olga Sáez. O resultado: 6-2 6-3.

No empate individual, gran actuación da galega que chegou á final superando a Irene Burillo por 61 63, Estela Perez-Somarriba por 64 63 e Paula Badosa por 64 Ret.
Na final Lourdes tivo que retirarse no terceiro set por unha lesión muscular nos isquiotibiais.


Parabéns Lourdes por esta gran tempada!
 

Comparte