Lourdes Domínguez convocou a Fed Cup

A nova seleccionadora española, Conchita Martínez, anunciou onte que a pontevedresa Lourdes Domínguez (no posto 49) estará na seguinte rolda da Fed Cup xunto con Silvia Soler (no posto 84), Nuria Llagostera e Mª Teresa Torró (no posto 98).

Os días 9 e 10 de febreiro, a selección española feminina xogará a primeira eliminatoria do Grupo Mundial Mundial da Fed Cup que enfrontará a España e Ucraína, no Club Atlético Montemar de Alacante.

O equipo ucraíno estará composto por Lesia Tsurenko (no posto 71), Elia Svitolina (no posto 125), Yuliya Beygelzimer (no posto 168) e Olga Savchuk (no posto 208).

Moita sorte á nosa selección.

Máis información en:


Comparte