Categorías da Liga de Veteranos do Atlántico +35 +45 anos

Os días 27 e 28 de outubro, nas pistas do Complexo de Tenis Espinho en Aveiro (Portugal), disputouse a edición do 2007 da Liga Atlántica de Veteranos de +35 e +45 anos entre os equipos de Porto, Aveiro, Coimbra, Leiria e o FGT.

+35 CATEGORÍA

Na categoría +35, o equipo que representaba á Federación Galega de Tenis renovou o título de Campión do Atlántico tras vencer á Asociación de Tenis Aveiro por 2 a 1. O equipo que representou a Galicia na categoría de veteranos +35 formouse polos seguintes xogadores:

  • Carlos Suarez Fernandez (Negreira Tennis Club)
  • Magin Raposeiras Iñarrea (CC Mercantil e Ind. De Vigo)
  • Héctor Santana Alonso (Club Deportivo Universidade de Vigo)

A clasificación final nesta categoría foi a seguinte:
º 1 Federación Galega de Tenis - Campión do Atlántico
º 2 Asociación de Tenis Aveiro - Subcampión do Atlántico
º 3 Asociación de Tenis de Coimbra
º 4 Asociación de Tenis do Porto
º 5 Asociación de Tenis Leiria

FINAL + 35: FEDERACIÓN GALEGA DE TENIS 2 vs. ASOCIACIÓN DE TENIS AVEIRO 1
Magin Raposeiras (FGT) vs. Pedro Martins (ATAveiro) 6/3 6/1
Héctor Alonso (FGT) vs. João Couto (ATAveiro) 6/2 6/1
Magin Raposeiras / Carlos Suarez (FGT) vs. João Couto / Agustin Pereira (ATA) 6/2 6/1

+45 CATEGORÍA

Na categoría +45, a selección galega acadou o 4o posto. Os xogadores que formaron o equipo masculino de +45 veteranos foron:

  • Gerardo Tejo Veloso (Real Club Náutico de Vigo)
  • Enrique Corbacho Bustos (Real Club Náutico de Vigo)
  • Jose Manuel Fariñas Cid (Real Club Náutico de Vigo)

A clasificación final nesta categoría foi a seguinte:
º 1 Asociación de Tenis do Porto - Campión do Atlántico
º 2 Asociación de Tenis Aveiro - Subcampión do Atlántico
º 3 Asociación de Tenis de Coimbra
º 4 Federación Galega de Tenis
º 5 Asociación de Tenis Leiria

FINAL + 45: ASSOCIAÇÃO DE TÉNIS DO PORTO 2 vs. ASSOCIAÇÃO TÉNIS DE AVEIRO 1
Vitor Pereira (AT Porto) vs Ernesto Sousa (ATAveiro) 6/2 6/2
Ferreira da Costa (ATPorto) vs Alberto Rocha (ATAveiro) 6/4 6/1
Fernando Gonçalves / Rui Mendes (ATP) vs. Manuel Godinho / Alberto Rocha (ATA) 6/2 6/1


Para velos TÁBOAS DE RESULTADOS cos horarios faga clic aquí .

Para vela GALERÍA DE FOTOS fai clic na seguinte imaxe:

Imaxe activa

Esta foi a última proba da Liga ATlántica 2007, que culminou cunha reunión dos presidentes, para facer balance de todas as probas deste ano e preparar o calendario para 2008 que se publicará en decembro.

Comparte