ATP, WTA, ITF e Tennis Europe prolongan a suspensión de todos os seus torneos ata o 13 de xullo

Os responsables da ATP, WTA, ITF (Federación Internacional de Tenis) e Tennis Europe acordaron este mércores prorrogar a suspensión de todos os seus torneos ata o vindeiro 13 de xullo, provisionalmente, debido á pandemia COVID-19. O torneo de Wimbledon tamén anunciou que cancela a súa edición de 2020.

Esta medida afecta aos circuítos ATP, WTA, ATP Challenger, ITF World Tennis Tour, ITF World Tennis Tour Juniors, Tennis Europe Junior Tour, ITF Seniors Tour, UNIQLO Wheelchair Tour e ITF Beach Tennis World Tour.

O ranking mundial de cada unha destas categorías tamén quedará conxelado temporalmente.

Comparte