A Mariña galega despediuse do IV Open ITF Fundación Emilio Sánchez Vicario nas semifinais

Tanto Martín De La Puente como Martín Varela foron derrotados ás portas da final contra os dous grandes favoritos.

O vigués foi superado polo arxentino Gustavo Fernández, número 6 do ranking ITF, que rematou o torneo como campión sen ceder ningún set. Martín enfrontouse a unha estrela deste deporte, especialmente nun primeiro set moi disputado.
 
Mentres Martín Varela non tivo o día contra o madrileño Dani Caverzaschi nun encontro no que o cormelán acusou o cansazo acumulado en encontros anteriores, ademais do CS2 do torneo realizou un gran partido que non lle deu ao tenista cormeño moitas opcións.

 
Crónica de David Castro
Responsable de prensa de Martín Varela Dourado

 
Os resultados pódense ver na seguinte ligazón:
 
Comparte