Xogadores galegos no Nike Junior Tour 2012 de Valencia

Do 25 de febreiro ao 4 de marzo celebrouse nas instalacións do Club Español de Tenis de Valencia a I proba do Circuíto NJT 2012 coa participación dos seguintes xogadores galegos:

No cadro alevín masculino estes foron os resultados dos xogadores galegos:

Rafael Izquierdo Luque conseguiu chegar aos cuartos, despois de superar á cabeza de serie número 7, Dario Montes (61 60), Álvaro Saez-Royuela (75 76) e Alejandro Serrano (61 62) pero non puido superar á cabeza de serie número 3 do alevín cadro, Pablo Schelcher (64 76).

Tomás Currás Abasolo, que comezou como cabeza de serie número 1 do cadro alevín masculino, gañou a un xogador que viña do anterior Juan C. García (61 46 62) e Adrián Cures (60 60), pero perdeu ante Alejandro Vedri na segunda rolda (75 60).

Luis E. Fernández Labarta, cabeza número 4, venceu a Gonzalo Ferrer (75 36 63) na primeira rolda, pero non conseguiu superar a Carlos Sánchez (61 26 62) na segunda.

No equipo Alevín Femenino tamén tivemos representación galega grazas á participación de Celia Montero Estevan que gañou a María Suárez na primeira rolda (64 62), pero que non puido con Irene Garceran (62 26 62).

¡Parabéns a todos!

Cadros Nike Junior Tour 2012 Valencia

 

 

Comparte