Xogadores galegos convocados pola Real Federación Española de Tenis

Jessica Bouzas, Tomás Currás e Rafael Izquierdo participan esta semana nas concentracións organizadas pola Real Federación Española de Tenis no CAR de Sant Cugat.

Jessica foi convocada para a concentración o 14, 15 e 16 de decembro para xogadores nados en 2002, mentres que Tomás e Rafael foron convocados para a concentración os días 16, 17 e 18 de decembro para xogadores nados no ano 2000.

A Barcelona tamén viaxaron técnicos galegos: Javier Currás e Daniel Otero.

 

Ligazóns relacionadas:

 

Comparte