José Antonio Pereiro nomeado vicepresidente da RFET

José Luis Escañuela, despois de tomar posesión como presidente da Real Federación Española de Tenis, presentou o venres 25 de xaneiro en Madrid ao seu equipo en sociedade. O presidente da Federación Galega de Tenis, José Antonio Pereiro, nomeado vicepresidente, formará parte da súa Xunta Directiva.

Pereiro terá competencias delegadas en materia de estatutos, investigación e desenvolvemento e clasificación.

Esta cita, que terá unha duración de 4 anos, ten unha grande importancia a nivel institucional.

Comparte