José A. Pereiro reúnese co presidente da RFET

O presidente da Federación Galega de Tenis, José Antonio Pereiro viaxou a Madrid o pasado fin de semana para reunirse co presidente da Real Federación Española de Tenis, José Luis Escañuela.

Imaxe activaDesta primeira xuntanza xurdiu o compromiso da Federación Española de apoiar o tenis na nosa comunidade con diversas estratexias promocionais.

Tamén falaron do importante traballo que leva realizando a Fundación Española de Tenis desde hai un ano, dirixido a proxectos sociais sen perder de vista o enfoque deportivo.

Esta Fundación, presidida por Escañuela, ofrece varias accións no campo da discapacidade e no dos colectivos en risco de exclusión social. Un dos programas desta entidade está dirixido a promover o tenis nas prisións.

José Luis Escañuela mostrouse moi interesado nos programas que a FGT ten previsto desenvolver na súa nova etapa e proporcionou a súa presenza nalgúns dos torneos que teñen lugar en Galicia.

Comparte