Xornadas galegas de adestramento 05 / xuño / 2013

Onte tivo lugar unha nova sesión de adestramento cos relatores David Sanz, director da área de ensino da Real Federación Española de Tenis e Rubén Domínguez, psicólogo deportivo, doutor e adestrador profesional de baloncesto (Rivas Futura, Breogan de Lugo e Club Baloncesto Orense).

Ademais da exposición "Ferramentas didácticas para a optimización das clases" que se celebrou no Club de Tenis A Tobeira e na que houbo 45 asistentes, David Sanz avaliou aos 40 nenos da escola de tenis Samil que participaron no Play & Stay proxecto de investigación, da Real Federación Española de Tenis, no que colaborou a asociación territorial galega.




Comparte