Día máxico da I Concentración Galega de Tenis Feminino

Esta fin de semana vivimos un día máxico con Lourdes Domínguez e Leticia Costas, as 25 rapazas participantes disfrutaron xogando, adestrando e entrevistando ás dúas xogadoras convidadas.

Non podemos esquecer a colaboración de Sandra de Rafael e Isabel Domínguez como parte do equipo técnico, do Club de Tenis de Pontevedra, de Gabi Barros como xornalista, do equipo administrativo e do equipo técnico da FGT:

  • Julia Carballal Fernández.
  • Miguel Casal Arantes.
  • Carlos Coira Lojo.
  • Marta Comesana Fernández.
  • María Jesús Fernández García.

A experiencia desta fin de semana resume os valores que queremos transmitir non só aos deportistas senón a todo o ambiente do tenis.

A valoración da FGT é moi positiva, polo que seguiremos buscando actividades que motiven, educen e capaciten aos nosos xogadores.

marco casal
Director Técnico
O pasado sábado a entrevista con Lourdes e o informe da concentración emitíronse no programa Cancha Junior da TVG2. O programa completo está dispoñible en www.canchajunior.com/p6.html

Lourdes Domínguez e Leticia Costas responderon ás preguntas das xogadoras concentradas esta fin de semana en Pontevedra. Esta é a ligazón á entrevista:

Comparte