Jesús Iglesias Rodríguez recibe a distinción ao Mérito Deportivo de Galicia

Onte, 13 de novembro de 2018, celebrouse no Auditorio Abanca, en Santiago de Compostela, a entrega de premios dos Premios ao Mérito Deportivo de Galicia.

Entre os 26 gañadores atopábase o adestrador de tenis Jesús Iglesias Rodríguez. Suso, como todos o coñecemos, comezou a dar clases no 1970 e ata o 1980 en Moaña, con máis de 30 campións en case todas as categorías. Despois comezou o seu traballo como adestrador no club de tenis A Tobeira ata 1984 e en Ureca ata marzo de 2018.
 
Suso creou máis de 100 escolas repartidas en 72 concellos galegos polos que pasaron grandes xogadores: Miguel Casal, Marco Casal, Carlos Rivas, Manuel Santomé, José García, os irmáns Chapela, Sara Villanueva, Sonia Fonbellida, etc.
 
Os nosos máis sinceros parabéns!
 
 
O resto de gañadores na gala foron: Alberto Torreiro (atletismo), Pepe Casal (baloncesto), José Fernández Alborés (tenis de mesa), o colexio Peleteiro de Santiago, Alfonso Pazos (baloncesto), Cesáreo Rivera (fútbol), Conrado Durántez (Xerente do COE), Evaristo Portela (ciclismo), Natividad Astray (atletismo), Nieves Gamallo (balonmán), Pablo Rodríguez (ciclismo), Paulino Martínez (balonmán), José García (fútbol e hóckey a patíns), José Teixeira (atletismo), Juan Carlos Conde (kick boxing), Pucho Boedo (judo), Guillermo González (fútbol sala), Ismael Fabián Santos (baloncesto), Javier Álvarez (atletismo), Julia Estévez (profesora), Luis Nogueira (atletismo), Manuel Losada (xornalista) , Mauricio Monteserín (remo), Teresa Martínez (hóckey a patíns) e Victorio Alonso (baloncesto).
 
 
Prensa:
Comparte