Jessica Bouzas subcampioa en Tunisia

A xogadora galega Jessica Bouzas Maneiro conseguiu ser subcampioa do Torneo Internacional de Tenis celebrado na Cité Nationale Sportive El Menzah Cité Nationale Sportive El Menzah, en Tunisia, do 19 ao 26 de xaneiro de 2019.

A pesar de que o torneo estivo marcado polo mal tempo, Jessica logrou chegar á final con excelentes resultados nos seus partidos, superando na primeira rolda a Marketa Panackova (CZE) 6-3 6-2, a Sara Lisa Aubertin (TUN) 6- 4 6-0 na segunda, nos cuartos de final eliminou á segunda cabeza de serie Elsa Jacquemot (FRA) 4-1 5-4 (4) 7-3 e finalmente venceu nas semifinais 4-1 5-4 (3) a Selena Janicijevic ( FRA).
 
Na final non conseguiu superar a Amarissa Kiara Toht, unha xogadora húngara que soubo adaptarse mellor ao forte vento.
 
Parabéns por este estupendo comezo de tempada Jessica.
 
Todos os resultados na seguinte ligazón ao sitio web da ITF:
 
 
 
Comparte