Jessica Bouzas subcampiona do I Trofeo David Ferrer

A xogadora galega Jessica Bouzas acadou o título de subcampión no I Trofeo David Ferrer, celebrado do 22 ao 28 de outubro no Club de Tenis Javea de Alacante.

Jessica foi cabeza de serie número 1 no sorteo individual deste torneo do circuíto ITF cun 5o grao. 
 
Comezou gañando á rusa Maria Dzemeshkevich (6-2 6-2) na primeira rolda e despois desfíxose de Lily Hutchings do Reino Unido (6-4 6-4).
 
Nos cuartos de final derrotou ao seu rival, a francesa Zoe Billon, cabeza de serie número 5, cun marcador de 7-5 6-4.
 
Despois nas semis, gañou á alemá Joelle Lilly Sophie Steur cun dobre 6-2.
 
Na final, non conseguiu gañar á xogadora filipina Alexandra Eala, que gañou o título de campioa de dobres e individuais ao asociarse con Joelle Lilly Sophie Steur.
 
 
 
Todos os resultados na seguinte ligazón ao sitio web da ITF:
 
 
Comparte