Jéssica Bouzas, subcampioa de España Junior 2020

Jéssica Bouzas e Eva Álvarez participaron no Campionato de España MAPFRE de Tenis Júnior 2020, que se celebrou no Club de Tenis Reus Monterols de Tarragona do 17 ao 23 de Agosto.

Jessica Bouzas, que comezou como cabeza de serie número 1, superou con facilidade a Isabel Pascual na 1a rolda e a Lidon Amurrio en cuartos de final, xa en semifinais tivo que loitar un pouco máis no primeiro set co Leyre Romero, resolvendo cómodamente no segundo con o resultado de 7-5 e 6-2. Xa na final Jessica non puido gañar o título de campioa cando foi superada pola tinerfeña Marta Custic que conseguiu impor o seu ritmo no desenlace do segundo set, que concluíu 7 a 4 a favor da isleña.
Marta Custic gañou o duelo feminino á pontevedresa Jessica Bouzas por 6-2, 7-6 (4).
 
Eva Álvarez Sande, a xoven tenista coruñesa, que acababa de gañar o Campionato Galego Cadete e tamén gañou o título de subcampioa no Galego Absoluto, enfrontouse na primeira rolda a Lucía Santos García, á que gañou o primeiro set por 76 ( 6), xa na segunda, cun 2 a 0 a favor de Eva, Lucía retirouse por lesión. Xa en cuartos de final Eva Álvarez cedeu ante Claudia das Heras.
 
No cadro masculino, Pablo Llamas venceu na final deste sábado ao barcelonés Max Alcalá por 6-2, 5-7 e 6-2. 
O campión da Orange Bowl Sub'16 e da Davis Junior Cup continúa coa súa boa forma, o que lle levou a gañar o seu primeiro título profesional en Murcia en 2020 antes do parón polo COVID-19. 
 
Parabéns as duas xogadoras galegas pola súa participación e resultados nunha competición de difícil organización e participación con todos os protocolos de seguridade contra Covid19.
 
Comparte