Jessica Bouzas dobra subcampioa na XII ITF Junior GRIP2 Tennis Academy

A xogadora galega Jessica Bouzas conseguiu ser subcampioa de dobres no ITF Junior Benicarló, un torneo internacional de grao 2, xunto coa italiana Nuria Bracaccio.

Gañaron as italianas Martina Biagiani - Federica Sacco 6-1 7-6 (4), as sementes número 2 Paula Arias Manjón - Francesca Curmi 6-4 6-7 (6) [10-5] e finalmente en semifinais a Caijsa Hennemann - Viktoriya Kanapatskaya 7-6 (5) 7-6 (4).
 
Na final cederon a Sinja Kraus - Diane Parry cun resultado moi axustado 7-6 (2) 5-7 [10-8].
 
Na modalidade individual, Jessica quedou a un paso de lograr un posto no sorteo final, cedendo á xogadora francesa MArine Skostak por 6-4 6-2.
 
Para ver todos os resultados deixámosvos isto ligazón.
 
Comparte