Jessica Bouzas gaña a ITF junior en Vinaros

Jessica Bouzas Maneiro acadou o título de campioa no Torneo Internacional Junior de Vinaros.

Este torneo de 2o grado celebrouse do 13 ao 17 de marzo nas instalacións do Club de Tenis Vinaros.
 
O galego comezou o torneo ao vencer na rolda á rusa Anastasia Mironova cun resultado de 7-6 (4) 6-1.
 
Na segunda rolda, logrou eliminar á segunda cabeza, Viktoriya Kanapatskaya (BLR) cun fabuloso resultado 7-5 6-4.
 
Enfrontouse a Helene Pellicano (MLT) nos cuartos de final, nun encontro que se resolveu no terceiro set cun resultado de 3-6 7-6 (4) 7-6 (5).
 
Nas semifinais eliminou claramente a Alice Tubello de Francia, cabeza de serie número 8.
 
Jessica pechou o torneo superando á favorita do cadro Paula Arias Manjón cun gran resultado de 6-0 6-1.
 
Parabéns por este fantástico resultado.
 
Todos os resultados no Páxina web da ITF
Comparte