Jéssica Bouzas, gran papel no cadro de dobres do Roland Garros Junior

Gran actuación de Jéssica Bouzas no Roland Garros Junior, logrando chegar ás semifinais do cadro de dobres, emparellando coa uruguaia Guillermina Grant.

Na primeira rolda conseguiron desfacerse, cun dobre 63, das cabezas de serie número 1, W.Baszak e E. Jacquemot.
 
Despois venceron a S. Costoulas / S.Scilipoti na segunda rolda e derrotaron a K. Dmitruk / J. Kolodynska en cuartos de final.
 
En semifinais, Jessica e Guillermina comezaron gañando o primeiro set, pero a parella rusa formada por Diana Shnaider e Maria Bondarenko remontou o encontro que rematou cun resultado de 7-5 2-6 e 4-10.
 
No individual Jéssica non logrou superar a primeira rolda, caendo ante Letón Kamilla Bartone.
 
Os resultados pódense consultar na seguinte ligazón:
 
 
 
 

 
 
 
 
 

 
 

 
 
 

 
 

Unha publicación compartida por Jessica Bouzas (@jessibouzas) el

 
 
Ligazóns á prensa:
 
 
 
 
Comparte