Jessica Bouzas gaña o Mutua Madrid Open Sub 16 en Murcia

A xogadora galega Jessica Bouzas Maneiro conseguiu gañar o Torneo Mutua Madrid Open Sub 16 en Murcia, celebrado do 24 ao 26 de novembro.

Jessica comezou a cabeza de serie número 1 no sorteo feminino.

Venceu a Blanca Cortijo Perreño na primeira rolda por 6-2 7-5, a Paula Moreno Bautista na segunda rolda por 7-6 (2) 6-3 e a Judith Perello Saavedra en semis cun dobre 6-3.

Finalmente desfíxose de Alba Rey García nunha final que asinou cun resultado de 6-3 7-5.

Jessica logra así a súa clasificación para a fase final que será do 10 ao 13 de maio de 2018.

Parabéns!

 

As táboas poden consultarse no seguinte enlace:

 

Comparte