Jéssica Bouzas debuta con vitoria no US OPEN Junior

US Open Junior (Nova York) - 1-8 de setembro.

Despois de catro meses detido por unha lesión no ombreiro, a galega Jéssica Bouzas debutou cunha vitoria na primeira rolda do US OPEN Junior, derrotando a invitada estadounidense Natasha Subhash por 6/3 6/2.

 

O Arousana que adestra na Academia de Tenis Ferrer ten un balance de 36 vitorias e 10 derrotas no circuíto ITF Junior. Este ano está a ser un gran ano para a tenista galega no que obtivo grandes logros cos que conseguiu situarse no # 53 na ITF Tennis Junior. A galega vivirá a súa primeira experiencia nun Grand Slam de tenis.

 

Dende a Federación Galega de Tenis desexámoslle moita sorte.

 

Ligazóns a noticias dos medios:

 

 

Foto: Academia de Tenis Ferrer

Comparte