IV Edición de Vigolandia no IFEVI

Do 26 ao 30 de decembro, o IFEVI permaneceu aberto para que o público puidese asistir á IV Edición de Vigolandia, un evento infantil e diversión familiar. Como cada ano, o espectáculo contou cunha gran variedade de actividades deportivas e de lecer deseñado para o máis pequeno da casa.

Póster Vigolandia 2009 Durante os 5 días de celebración, o tenis estivo moi presente e moitos nenos e nenas puideron xogar e divertirse nas pistas que a Federación Galega de Tenis situou no pavillón do IFEVI.

Vigolandia é un proxecto que naceu no 2004 co propósito de amosar apoio ao extraordinario traballo que algunhas entidades e asociacións veñen desenvolvendo en favor das persoas con discapacidade. Como en anos anteriores, o recadado na taquilla destinarase a unha causa benéfica.

Creamos unha galería de fotos, podes vela premendo na seguinte ligazón:

 

Comparte