Información importante para a competición por equipos

Co fin de coordinar a competición por equipos co circuíto Babolat, tómanse as seguintes decisións:

  1. Xogaranse as categorías masculina infantil e junior do Campionato Galego Sábado 29/02/2020
  2. Xogaranse as categorías infantil e júnior feminina do Campionato Galego Domingo 1/03/2020
  3. A orde de xogo publicarase na tarde do luns 25/02/2020.


Polo tanto, os equipos que teñan un xogador que vai ser convocado para xogar a competición por equipos, poden solicitar un cambio de día e hora ata o mércores 26/02/2020 da competición por equipos prevista para a fin de semana do 29/02 e do 1/03/2020. 

O comité de competición. 

Comparte