III Open Internacional de tenis en cadeira de rodas Ergosaude

Álvaro Illobre foi o campión do III Open Internacional de tenis en cadeira de rodas Ergosaúde Open 2009 que se celebrou na escola de tenis Marineda, en Cambre, do 18 ao 21 de xuño de 2009.

III Open Internacional de tenis en cadeira de rodas ErgosaudeO xogador ferrolán defendeu o título que xa gañara na edición de 2008. Fíxoo nunha final moi disputada, na que o galego Martín Varela acusou o esforzo dos partidos previos, nos que eliminou dúas sementes.

Na categoría de dobres, Álvaro e Martín enfrontáronse na final ao británico Jewwitty - McCarroll, que se proclamou campión de parellas tras vencer aos galegos por dous sets a cero.

Máis información en www.tenismarineda.net

Comparte