II Xornadas Galegas de Adestramento de Tenis no Fluvial de Lugo

Gran éxito de participación nas II Xornadas Galegas de Adestramento de Tenis. A Federación Galega recoñece e valora o interese que os profesionais do tenis amosaron nesta actividade.

Imaxe activa

Segunda Xornada Galega de Adestramento de Tenis no Fluvial de Lugo

Estamos convencidos de que o éxito do tenis galego pasa pola formación de profesionais dedicados á docencia, por iso seguiremos apostando por xornadas de adestramento permanentes.

As sesións celebráronse no Lugo Fluvial Club, nun día espléndido, coa exquisita atención dos responsables do club, aos que agradecemos a súa colaboración.

Por último, queremos lembrar aos relatores, xa que o seu éxito é grazas á súa profesionalidade e á calidade das súas presentacións. Tivemos a David Sanz, Pancho Alvariño e Miguel Crespo que son os mellores que podes atopar en todo o mundo. Agardamos que a III Conferencia siga espertando a curiosidade e o desexo de aprender dos nosos profesionais.

 

Comparte