II Convocatoria Campionato por Equipos de Veteranos +55

En resposta á petición dos equipos inscritos na convocatoria, o sistema de competición cambia a 3 individuais e 2 dobres, reabrindo o período de admisión para novos equipos.

As inscricións realizaranse no formulario oficial adxunto incluíndo todos os datos solicitados e enviaranse xunto co xustificante de pagamento á Federación Galega de Tenis vía fax ao 986 207399 ou correo electrónico a info@fgtenis.net., Antes do día 4 día agosto ás 13:30 h. Os equipos que tramiten a súa inscrición por correo electrónico deberán recibir o OK de recepción da Federación Galega de Tenis.

A composición dos grupos e o calendario estará suxeita ao número de equipos inscritos.

A cota de inscrición por equipo é de 78,03 € (setenta e oito con tres euros). Esta cantidade deberá ingresarse na conta federal de Caixanova no 2080 0030 92 0040009604.

Poderán participar todos aqueles xogadores que teñan 55 anos o 31 de decembro do ano en curso e a súa licenza federativa de tenis en vigor ao comezo da competición.

Comité de Competición

Comparte