I Foro Galego de Tenis

O I Foro do Tenis Galego reuniu o pasado sábado en Lugo a máis de 250 persoas, que reuniron na capital lucense nun día con moitos quilates que contou coa presenza dalgunhas das figuras máis importantes da historia e da actualidade do tenis español.

A xornada dividiuse en dúas partes, unha pola mañá no Pazo de San Marcos e outra pola tarde no polideportivo D10.
 
O evento, promovido pola Federación Galega de Tenis, en colaboración coa Deputación Provincial de Lugo foi inaugurado polo presidente da entidade Darío Campos, quen asegurou que Lugo "é un orgullo" recibir nomes como Alberto Berasategui, "Pato" Clavet, o doutor Ángel Ruiz Cotorro ou Luis Badal, fisioterapeuta do equipo da Copa Davis.
 
No foro estiveron presentes José Antonio Pereiro, presidente da Federación Galega de Tenis, Miguel Fernández, concelleiro de Deportes e Marta Míguez, secretaria xeral para o deporte da Xunta de Galicia, que completou as charlas sobre os modelos de xestión de clubs e federacións e vida dun atleta profesional con actividades desenvolvidas no club D10 nas que participaron uns 60 xogadores, pertencentes tanto aos programas técnicos como á escola do club. Nesta actividade, os nenos e nenas puideron disputar algúns puntos tanto con Alberto Berasategui como con Pato Clavet que fixeron as delicias de todos os participantes.
 
 
 
I Foro Galego de Tenis
 
 
Nas seguintes ligazóns podes descargar o cartel e o díptico:
 
Estes son os enlaces ás redes sociais do evento:
 
 
Ligazóns de novas relacionadas:

 

Comparte