Grandes resultados para Valeria López e Luis Morillo no Torneo San Antolin (Medina do Campo)

Valeria López e Luis Morillo, os actuais campións galegos cadetes, asistiron ao prestixioso torneo celebrado en Medina del Campo, SAN ANTOLIN e obtiveron os seguintes resultados.

Luis Morillo foi subcampión da categoría Cadete, disputando a final contra García Moreno, cabeza de serie número 1, xogador de Ávila. Tamén foi semifinalista na categoría Junior, perdendo contra o alacantino Borja Aranda, completando así un gran torneo.

Valeria foi Campioa na categoría cadete xogando unha gran final contra Julia Navajo. Así mesmo, Valeria disputou a categoría feminina absoluta, tendo mala sorte no sorteo xa que na primeira rolda tivo que enfrontarse ao cabeza de serie número 2 Charlott Roemer que ao final sería o gañador do torneo.

 

Comparte