Grandes resultados dos nosos veteranos na 1a Rolda da Copa Ibérica

Do 20 ao 22 de marzo celebrouse en Estoril, Portugal, a primeira rolda de 2015 da Copa Ibérica na que participaron os seguintes xogadores galegos obtendo grandes resultados:

Na categoría +50, Francisco Javier Rodríguez Menendez, do Club de Tenis Coruña, foi finalista tras vencer a Andrew Hibell (GBR) 62 61, Stefano Negri (ITA) 61 60 e Paulo Travassos (POR) 67 (4) 64 61. O italiano Alessio Frontespezi tivo que facer o posible para superalo na final 63 76 (4).
 
Bruno Otero Afonso, compañeiro de club de Francisco Javier, logrou ser subcampión na categoría +55, superando a Paul Thompson (GBR) 61 61, cabeza de serie 2 Uwe Scherer (GER) 75 62 e Jose A. Pereira (POR ) 62 63. Na final non puido superar a Ramón Canosa Sendra, español do club de tenis La Salut 63 75.
 
A Estoril tamén viaxou Nilo Rubén Perez Calo do CC Mercantil e Ind. De Vigo, que non tivo tanta sorte no sorteo de +60 e non puido superar á italiana Andrea Cavicchioli na primeira rolda.
 
Na seguinte ligazón podes ver todos os resultados:

 

Comparte