Grandes resultados para Antón de La Puente e Tomás Currás no Yellow Bowl 2013

Grandes resultados dos nosos xogadores no Torneo Europa de tenis de Gran Canaria - Yellow Bowl.

Por unha banda, Antón de la Puente acadou o título de campión na táboa de consolación de alevín, tras gañar na final ao danés Carl Emil Overbeck.

En dobres sub 12 e formando parella con Pablo Montanes Gadea foi subcampión, cedendo na final 63 61 ao suízo Rony Martin e ao finlandés Iiro Vasa.

Tomás Currás tamén fixo un gran torneo chegando aos cuartos de final tanto no sorteo individual como no de dobres infantil, facendo parella co turco Kuzey Cekrge.

Podes consultar as táboas e os horarios na seguinte ligazón:

Galería de imaxes de El Cortijo Club de Campo:

 

Comparte