Gran Torneo Eladio Fábregas en Castellón

Eladio Fábregas Troncoso fai as semifinais no torneo Marca Jóvenes Promesas de Castellón.

O galego conseguiu superar a Guillermo Agost na primeira rolda (61 36 63), e David García con facilidade na segunda rolda (61 62).

Nos oitavos de final endosou un dobre 63 a Íñigo Garmendia e nos cuartos de final gañou con claridade a 62 62 a Luis Dolz.

En semifinais non puido superar ao cabeza de serie número 1, Marcos Sanz. O resultado 64 62.

Parabéns a Eladio por este gran resultado.

 

 

Comparte