Galicia Terceira no último Concurso Interterritorial do 2006

A Federación Cantábrica derrotou ao equipo valenciano por 3 vitorias a 2 na competición interterritorial celebrada os días 14, 15 e 16 de decembro do 2006 nas instalacións do CAR en San Cugat.

 

A selección galega dirixida por Julia Carballal e composta por Pablo Mosquera, Cristián González, Noemí Novo e Raquel Madrigal, gañou o terceiro posto, ao vencer ao País Vasco por 3 vitorias a 2.

A clasificación final foi a seguinte:

1.- Cantabria

2.- Valencia

3.-Galicia

4.- País Vasco

5.- Castela León

6.- Ceuta

Cabe destacar o bo ambiente que imperou entre todos os xogadores durante a concentración. Os xogadores tamén tiveron a oportunidade de asistir aos adestramentos dos grupos de competición RFET, que como de costume teñen lugar no CAR de San Cugat. Do mesmo xeito, tiveron a sorte de asistir a Feliciano López adestrando co seu novo adestrador Albert Costa.

Finalmente, destacar o éxito que está a obter este novo formato do Proxecto Territorial da RFET.

Comparte