Subcampión de Galicia no Campionato de España de tenis de cadeira

O Campionato de España de tenis en cadeira de rodas de CCAA 2010 celebrouse no CDM Las Norias de Logroño. Álvaro Illobre e Juan Gutiérrez formaron a Selección Galega e lograron ser subcampións do Campionato.

Subcampión de Galicia no Campionato de España de tenis de cadeira de rodas 2010Na final contra o Madrid, Illobre gañou ao mozo Daniel Caverzaschi por 61 63, pero Juan Gutiérrez perdeu con Rubén Pérez 61 63, polo que foi necesario xogar o partido de dobres para resolver o empate. Non houbo sorte xa que os madrileños venceron á Selección Galega por 62 63.

Esta oitava edición do Campionato de España de tenis en cadeira de rodas por comunidades autónomas foi organizada pola Federación Española de Deportes para Persoas con Discapacidade Física (FEDDF) e a Real Federación Española de Tenis, en colaboración coa Delegación de Deportes de Persoas con Discapacidade Física de Rioxa e a Federación de Tenis de Rioxa.

Comparte