Galicia repite triunfo no Campionato de España de tenis de cadeira por CCAA

Os xogadores galegos de Tenis de Cadeira, Martín De la Puente e Álvaro Illobre conseguiron revalidar o título de campións de España por comunidades autónomas, despois de vencer a Cataluña por dúas vitorias a cero no Club Polideportivo Juventud Calahorra da Rioxa.

Álvaro gañou a Francesc Prat por 7-5 1-6 6-2 e de Martín gañoulle a Quico Tur cun dobre 6-1.
 
Nas 15 edicións deste campionato, Galicia sumou 6 vitorias. Parabéns aos nosos Campións!
 
 
 
 
Comparte