Galicia gaña o Campionato de España CCAA de tenis de cadeira 2020

Volveron facelo, Martín De la Puente e Álvaro Illobre conseguiron ser campións do Campionato de España por CCAA de tenis de cadeira, celebrado do 9 ao 11 de outubro de 2020 no Ipartenis Club, Huarte (Navarra).

O equipo galego dirixido por Fernando San Martín Rodríguez gañou en semifinais ao equipo de La Rioja e ao equipo de Murcia, ambos encontros co resultado de 2-0.
 
Na final, Galicia gañou o título ante Madrid, Álvaro deulle a Galicia o primeiro punto ao vencer 63 60 a Jorge Iglesias e Martín conseguiu o punto final superando a Dani Caverzaschi 64 46 75.
 
¡Parabéns rapaces!
 

 

 
 
Ligazóns á prensa:
 
 
Comparte