Campión de Galicia na Liga Atlántica Júnior (sub 18) 2008

A selección galega que viaxou ao Club Escolar de Tenis Leiria (Portugal) para xogar a Liga Atlántica Júnior acadou o título de Campión do Atlántico tras derrotar na final a Asociación de Tenis de Coímbra por 2-1.

A Liga Atlántica Júnior disputouse os días 17 e 18 de maio no Club Escolar de Tenis Leiria (São Romão - Leiria - Portugal) e os equipos de Porto, Coimbra e o anfitrión de Leiria así como na Federación Galega de Tenis.

A selección galega dirixida por Alejandro Soto, estaba composta polos seguintes xogadores:

  • Pablo Lijó Santos (Club de Tenis Punta Salera)
  • Jose Mª Fantova Sicre (Coruña Tennis Club)
  • Patricia Vilas Ibañez (CC Mercantil e Ind. De Vigo)

Nota: En canto recibamos a táboa de resultados e as fotos da Liga Atlántica na categoría junior, publicarémolas neste boletín.

Comparte