Campión de España de Galicia por comunidades autónomas de tenis de cadeira

A selección galega formada por Álvaro Illobre, Martín de la Puente e Félix García, acadou o ouro no Campionato de España por comunidades autónomas en cadeiras de rodas celebrado do 11 ao 13 de outubro en Pozuelo de Alarcón (Madrid).

Participaron as seleccións de Murcia, Madrid, Castilla León, Aragón, Estremadura e Galicia.

Durante a xornada do sábado disputáronse as semifinais que enfrontaron á selección galega co Murcia. Os resultados foron os seguintes:

  • Félix García a Yosu Vinaroz 61 60
  • Martin de la Puente a Quique Siscar 75 63
  • Dobre: ​​Illobre / García a Vinaroz / Siscar 64 63

Galicia 3-0 Murcia

Na final disputada o domingo o rival foi o Madrid, equipo anfitrión do Torneo. Os resultados:

  • Martín de la Puente a Rubén Pérez 75 06 62
  • Álvaro Illobre a Roberto Chamizo 75 60
  • Dobre: ​​Illobre / García a Pérez / Chamizo 26 43 e retirada de Madrid por lesión de Chamizo.

Galicia 3-0 Madrid

Noraboa ao noso equipo polo título acadado !!!

Ligazóns de prensa:

#EqGallegoTennisChair

 

 

 

 

Comparte