Fundación Española de Tenis: Voluntariado Anantapur (India)

Despois do acordo de colaboración asinado pola Fundación Española de Tenis e a Fundación Vicente Ferrer, están a buscar unha persoa cualificada que estea interesada en trasladarse a esta rexión da India como voluntario, estas son as condicións:

OBXECTIVOS DO VOLUNTARIO:
- Formación técnica do persoal local.
- Organización e planificación deportiva do centro.

DURACIÓN DO VOLUNTARIO:
Tres meses, maio, xuño e xullo (se alguén estaría interesado e non dispón de tanto tempo, intentarán facelo dous meses)

REQUISITOS:
É esencial ter un bo nivel de inglés.

FORMACIÓN:
Adestrador ou monitor nacional de tenis con experiencia na coordinación de adestradores e monitores

DISPOSICIÓN DA FUNDACIÓN VICENTE FERRER:
Aloxamento e comidas, durante todo o voluntariado

BENEFICIOS DA FUNDACIÓN ESPAÑOLA DE TENIS:
Encargaríase de todos os gastos de viaxe

SITUACIÓN:
As instalacións están na rexión de Anantapur, no estado de Andhra Pradesh, (India)

Para os interesados, poden poñerse en contacto connosco en fundaciondeltenis@rfet.es

Comparte