Final galega no 6o Campionato Internacional de Marbella

Os xogadores galegos Bruno Otero Afonso e Fernando Pablos Benavides protagonizaron a final do sorteo +55 do 6o Campionato Internacional, celebrado en Marbella do 22 ao 26 de febreiro.

A vitoria foi para Bruno Otero por 6-0 6-2, que previamente eliminara a Wihelm Eschbach (GER) 6-3 6-1 e Thomas Schunemann (SUI) 6-0 6-1.
 
Fernando Pablos logrou chegar á final tras vencer por 6-1 a 6-2 a Juha Paivarinta (FIN) e a Jamal Skalli (MAR) por 6-4 por 2-6 6-4.
 
Outro galego, Nilo Rubén Pérez Calo, participou na categoría +60 deste torneo, gañou a Klaus Soujon (GER) na primeira rolda cun dobre 6-3, pero nos cuartos caeu no favorito e campión da caixa Riku Helminen (FIN) 6-1 6-2.
 
Comparte