Fernández Labarta terceiro clasificado no Internacional de Burgos

O campión galego Benxamín, Luis Fernández Labarta, xogador do Club de Tenis Coruña, obtivo o terceiro posto no I Torneo Internacional Xuvenil de Burgos, categoría Benxamín, que se celebrou do 15 ao 17 de outubro.

Na foto, Luis Fdez. Labarta, terceiro clasificado, co campión do torneo, Nicola KhunAo torneo, celebrado por invitación, asistiron moitos dos mellores xogadores máis novos de España e Portugal, así como o campión mundial oficioso da categoría, o alemán residente en España, Nicola Khun.

Fernández Labarta clasificouse para as semifinais despois de gañar cómodamente o campión catalán Álvaro Bueno en cuartos de final, perdendo na semifinal ante o inexpugnable e finalmente campión do torneo, Nicola Khun.

Finalmente, Luis conquistou o terceiro posto ao vencer con relativa facilidade ao outro semifinalista, o campión de Castela-León, Nicolas Álvarez Varona.

Crónica de Sandra de Rafael Esteban
Comparte