Copa Fed: España venceu a Serbia e xogará o playoff de ascenso

A selección española formada por Garbiñe Muguruza (3), Carla Suárez (11), Lara Arruabarrena (86) e a galega Lourdes Domínguez (100) venceu a Serbia por 4 vitorias a 0 no polideportivo de Kraljevo.

O pleno comezou coas vitorias de Muguruza contra Jorovic 63 61 e Suárez contra Jankovic.

 

Muguruza sentenciou gañando o terceiro individuo contra Jankovic 64 63.

 

Finalmente, Lara Arruabarrena e a pontevedresa Lourdes Domínguez gañaron o partido de dobres contra a parella formada por Ivana Jorovic e Nina Stojanovic 64 67 (6) [7-10].

 

O equipo enfrontarase a Italia no Play Off polo ascenso ao Grupo Mundial I da Copa Federación os días 16 e 17 de abril.


 

Todos os resultados na seguinte ligazón:

 

ENLACES RELACIONADOS:

 

Comparte