Fase Final Veteranos +35

Anuncio importante para todos os equipos de Primeira e Segunda División de FP + 35

 
Esta fin de semana comezan as fases finais de Veteranos +35 (Primeira e Segunda División). Na táboa pódense consultar as táboas que se actualizaron unha vez que se coñece o resultado dun partido que estaba pendente e que se disputou esta semana.

Somos conscientes das dificultades que estamos tendo debido ás adversas condicións meteorolóxicas que vimos experimentando nas últimas semanas, polo que valoramos a boa disposición que están a ter os equipos e solicitamos un esforzo para xogar os partidos programados e poder rematar o campionato a tempo.
 
Agradecemos a colaboración de todos os clubs nesta situación.
 
Comité de Competición  
Federación Galega de Tenis

 

Comparte