Fase final Competición absoluta e por equipos infantís

O comité de competición inicia, a fin de semana do 16 ao 17 de maio de 2015, a segunda fase das seguintes competicións:

Campionato Galego Absoluto masculino por equipos:
 
Campionato Galego Absoluto Feminino por equipos:
 
Campionato Galego Infantil por Equipos Masculino:
 
Campionato galego por equipos infantís femininos:
 
En cada un dos enlaces atópanse os sorteos de casa e visitantes para toda a competición. Este sorteo pode verse afectado polo sistema da Copa Davis, para o cal os equipos deberán solicitalo como límite máximo o mércores anterior ao encontro, enviando un correo electrónico á dirección (info@fgtenis.net). Lembramos que o sistema da Copa Davis entrou en funcionamento no 2014, as competicións anteriores non contan.
 
A aplicación é o medio oficial para as competicións por equipos, polo que recomendamos supervisar a competición a través dela. 
 
* Nas fases de clasificación non é obrigatorio participar, pero debe comunicarse por correo electrónico (info@fgtenis.net) a renuncia a xogar a dita fase, establecendo como límite máximo o mércores anterior ao encontro. 
 
 
Comparte