Éxito do circuíto ProTenis, patrocinado por Gadis

A pasada fin de semana rematou o Circuíto ProTenis, patrocinado por Gadis, dirixido a que os nenos e nenas dean os seus primeiros pasos no tenis.

Ao longo de 2018 realizáronse un total de 38 probas nos seguintes clubs:

 

  • ET Marineda, ET Canabal, CT A Pedralba, RSD Hípica de La Coruña, CD D10, ET As Termas, CT Santo Domingo, ARD La Zamorana, RC de A Estrada, R. AeroClub de Santiago, AD Squash Santiago, ET Marcos Vilasánchez, ET Samil, RC Náutico de Vigo, CT A Tobeira, URECA, CC Mercantil Ind. De Vigo, CT Gondomar, ET Justo al Revés, Casino Ferrolano TC, CT Redes e CMI Club de Campo de Ferrol.

 

Ao longo das diferentes probas rexistráronse un total de 992 inscricións.

 

Para este circuíto, dende o FGTenis contamos coa colaboración de varios técnicos e árbitros que serviron de apoio aos clubs organizadores: Abraham Barros, Pedro Anido, Marc Rodríguez, Alexandre González, Adrián Feijoo e Juan Martínez.

 

Para concluír o circuíto celebráronse os ProTenis Solidarity Masters, nos que se premiou o compromiso dos xogadores que máis participacións tiveron nas probas do circuíto. O Real Club Náutico de Vigo, o Real Aero Club Santiago, a escola de tenis Canabal, a escola de tenis Justo al Revés e o Centro deportivo D10 foron os encargados de organizar este final de festa, onde se repartiron medallas, diplomas e diversos agasallos a todos os participantes.

 

Comparte