Excepcións as limitacións de mobilidade e horario nocturno

Publicamos a actualización do procedemento seguindo as últimas directrices da Secretaría Xeral para o Deporte.

Dende a Federación Galega de Tenis, despois de analizar o DOG do 19 de xaneiro, fixemos unha consulta á SXD (Secretaría Xeral para o Deporte) para confirmar que a nosa actividade adaptase ó publicado no DOG na páxina 3141: “As competicións deportivas federadas de nivel nacional e os seus adestramentos desenvolveranse de acordo co establecido pola administración competente e de conformidade coas limitacións establecidas nos protocolos federativos correspondentes».

A contestación da SXD, confirma que as xogadoras/es que participan en competicións de ámbito estatal poderán estar exceptuados das limitación de mobilidade e de horario nocturno.

Para xustificar estas excepcións o procedemento a seguir polas xogadoras/es é o seguinte:

  1. A xogadora/or deberá descargar o certificado de licencia a través da aplicación da Federación Galega de Tenis. http://oficina.fgtenis.net/) introducindo a súa licenza (sen guión) no campo de usuario e o seu DNI (sen guión e maiúscula) no campo do contrasinal.
  2. O club deberá emitir un certificado co seguinte contido mínimo, seguindo o modelo oficial da SXD (MODELO):
    1. Identificación da persoa que se despraza e da súa participación nunha competición incluída no calendario oficial da correspondente federación deportiva Española.
    2. Lugar do adestramento xustificando a súa vinculación coa participación nunha competición incluída no calendario oficial da correspondente federación deportiva e/ou lugar da competición.
    3. Data e horario de realización do adestramento e/ou da celebración da competición.
    4. Xustificación da non existencia de alternativas de realización do adestramento e/ou da celebración da competición nun ámbito territorial que non exixa un desprazamento afectado polas limitacións á liberdade de circulación vixentes.
  3. O club deberá enviar á Federación Galega de Tenis o FORMULARIO DE INSCRICIÓN de certificados de mobilidade estatais que serán imprescindibles, que se poden descargar nesta noticia.

Recomendacións para os adestramentos:

Reducir o número de xogadoras/es o límite xeral estabrecido de 4 mais o adestrador.

Recomendación xeral:

Dende a Federación Galega de Tenis recomendamos que se extremen as precaucións e apelamos á responsabilidade individual para reducir ao máximos os contactos e os desprazamentos para tratar de reverter a complicada situación sanitaria que estamos a vivir.

Ligazóns
Comparte