Grandes resultados de Fernando Pablos no Campionato do Mundo

Fernando Pablos Benavides (cabeza de serie 14) clasificouse para os oitavos de final do Campionato do Mundo de Veteranos +45 de tenis.

Fernando de Pablos

Fernando gañou ao búlgaro Plamen Petrov na primeira rolda o 6/1 6/2 e na segunda rolda ao astríaco Andreas Grund por un dobre 6/0, nun partido disputado a pesar do abrumador resultado.

Como lembramos, Fernando participou dende o luns 04 no Campionato Mundial de Tenis para veteranos, que se celebra en Mallorca, e nos oitavos de final enfrontarase ao gañador do partido entre o español José Oriol Vega e o cabeza de serie número 2 do torneo, Alain Morachinni (Francia).

Fernando, que actualmente ocupa a posición 72 no ranking mundial +45, participa como cabeza de serie número 14 neste Campionato.

 

Comparte