Grandes resultados para Álvaro Illobre en Pequín 2008

O tenista aresán Álvaro Illobre participou como membro da selección española nos Paralímpicos de Pequín 2008. Nesta nova, poderás ver os seus resultados e descargar as táboas de resultados.

Dona Marta Souto - Álvaro IllobreNa proba individual, Álvaro perdeu contra Daniel Peregrina, en tres sets, 16 62 62. O primeiro set Álvaro xogou moi ben, e o suízo estaba un pouco nervioso. A partir do segundo espertou o suízo e Álvaro non puido presionar o suficiente para incomodar ao suízo. É a terceira vez que se enfrontan e Pellegrina sempre gaña, esta vez polo menos Álvaro fíxolle un set, que non acadara nos partidos anteriores.

En dobres logrou gañar o primeiro partido asociándose con Kiku Tur. Gañaron 62 62 aos húngaros Laslo Farkas e Prozaska. Foi un bo partido con poucos fallos e onde tomaron o mando nos momentos decisivos. Finalmente caeron en oitavos de final contra os favoritos, 6-1, 6-1.

A directora xeral de Deportes da Xunta de Galicia, Doña Marta Souto animaba e apoiaba aos nosos xogadores en Pequín.

A continuación fornecemos unha ligazón onde podes ver as táboas de resultados:

 

Comparte