Encontro de traballo da FGT e do tenis atlántico en Lousada

O pasado Xoves Santo, Ronald Álvarez, membro do comité de ensino e promoción, viaxou a Lousada, Portugal para manter unha reunión de traballo co director técnico da Federación do Porto, Rui Silva.

Como resumo das conclusións, destacar a unificación do calendario dos partidos de tenis do Atlántico. Continuar coa colaboración en congresos e presentacións, así como recompilar información sobre o innovador traballo de tenis na escola realizado en todo o Val de Sousa.

Ronald Álvarez

Comparte