O 23 de maio comeza "Máis que tenis": tenis para todos

Tenis para todos: “Máis que tenis” xa está en marcha na Coruña. É unha actividade que ten como obxectivo achegar ás persoas con discapacidade mental ao deporte da raqueta.

Está organizado pola Federación Galega de Tenis, o Concello da Coruña e a Fundación Special Olympics.

A monitora e educadora social, Beatriz Echevarría, será a que coordine esta actividade.

As Federacións Galegas de Tenis e Pádel tamén se xuntan para desenvolver proxectos de promoción de xogadores entre as persoas con discapacidade mental.

A primeira das actividades celebrouse o 13 de maio no centro Lamastelle, Oleiros, cun éxito total de participación. Xuntáronse máis de 30 xogadores nas pistas que aprenderon e disfrutaron xogando os seus primeiros partidos coa axuda dos monitores da escola Canabal.

A seguinte parada desta actividade é no Colexio Nuestra Señora de Lourdes, na Coruña, os días 23 e 24 de maio.

O 5 de xuño a escola de tenis e pádel Canabal organizará unha gran xornada deportiva.

Comparte