Dobre de Martín De la Puente no Torneo Internacional ITF de Pinto

O xogador do RC Náutico de Vigo Martín de la Puente Riobó proclamouse vencedor nas categorías individuais e dobres do torneo ITF Futures celebrado na localidade madrileña de Pinto, do 19 ao 22 de xuño de 2014.

A final individual disputouse contra o xogador holandés Berry Korst, ao que logrou gañar despois dun duro partido 6-4, 7-5.

A categoría de dobres, emparellada co pontevedrés Félix García, gañou na final á parella holandesa Meerwijk-Korst por 6-1 e 7-5.

Con este triunfo acadou o seu segundo título internacional de tenis en cadeira, o mesmo ano que se proclamou campión de España na categoría absoluta.

Comparte